TIPOS HUMANOS

Cheguei a conclusión de que os humanos poden clasificarse en tres tipos, que poderíamos chamar A, B e M, por exemplo.
Cada un deles é o depositario dun xeito de ser que o leva a ser o que é.

Ben, estes tipos non son puramente A, B ou M, son combinacións:
AM ou BM ou, máis raramente, AB, contraditoria, impactante, cunha especie de bipolaridade.

Agora enumeraremos as características de cada tipo:

O tipo “A” é un tipo de símbolos: unha bandeira, un país, unha cruz, unha espada, un heroe ou un himno…
É un tipo de ideas: de fe, de honra (honra a vida e a morte).
É un tipo de orde, de disciplina, de lei (non de xustiza).
Adoita ser un verdadeiro crente e practicante da súa relixión (da que haxa onde lle tocou nacer).
Ten alma de líder, valora o éxito que se consegue con esforzo, é autoritario (sempre ten a razón…)
O tipo A é, políticamente, de dereitas; pode ser un heroe se ten a oportunidade. Considérase liberal.
Quere ser o xefe, o presidente do goberno, da asociación de veciños, de calquera club, xefe de grupo, adestrador, etc.
Defende a familia e a lealdade por riba de todo.
Ama os triunfadores, os gañadores: ó can que é bo cazador ou ó galgo máis rápido, tamén a valentía do touro, así como, a arte de tourear, etc.
Non lle gustan as persoas ou os animais simplemente porque son seres vivos, gústanlle se destacan en algo ou por algo, como xa dixen.
É ambicioso, egoísta e pouco solidario, inda que pode ser caritativo e amigo dos seus amigos (coidado cando caen).
É capitalista (aínda que sexa pobre); quere ser rico, poderoso e influente.
Defende a súa liberdade, a súa liberdade de actuar… o fin xustifica os medios, todo o que sexa necesario para o éxito.
Para o tip0 A o fin xustifica os medios, ou sexa vale todo: mentir, inventar loiadas, ata matar…

O seu perfil encaixa perfectamente co PODER EXECUTIVO. Tentarei de explicar isto con máis detalle noutra ocasión.

O TIPO B é un tipo que non é superficial, é humilde, social, solidario, non se basea en símbolos, a súa prioridade é a natureza:
As persoas, os animais e as plantas. A familia é importante, pero non está por enriba de todo.

Defende ó ser vivo, ó que está aquí e agora, máis que a vida en abstracto, non lle interesa “o máis alá”, adoita ser ateo.
Defende a lei pola lei, é o tipo máis cualificado para garantir que as leis sexan xustas, os do tipo B deberían estar no PODER LEXISLATIVO.

A IGUALDADE é a súa loita, o seu obxectivo social, gústalle compartir a vida e os momentos felices.
Quere que todo suceda de forma natural, respectando as normas, non vale todo para conseguir os fins.
Políticamente, podería ser comunista, quere que o estado protexa aos máis necesitados, que garanta os seus dereitos, quere educación e sanidade públicas e gratuítas…

Non dirixe grupos, se fose o líder dun equipo, este equipo sería unha banda, tería que delegar nun segundo ou nun capitán que se fixera cargo do grupo.
Canto máis febles son os animais, máis lles quere, contrario da caza e do toureo, que considera maltrato animal.
É máis un camarada, un compañeiro, ca un amigo.
Adoita ser de esquerdas, antitaurino, antisistema, feminista, defensor dos grupos LGTBI, ecoloxista, activista animalista, okupa, defensor dos dereitos dos traballadores...
Aspira a vivir con tranquilidade, en paz e harmonía, pero vivir con dignidade xa lle abonda.

O tipo “M” é o máis imparcial e moderado, tamén o menos frecuente, ama a liberdade no sentido máis amplo, ama a liberdade de ser. 
Estará de acordo co divorcio, a eutanasia, os dereitos LGTBIQ+, os dereitos feministas e todos os dereitos humanos.

Pode ser anarquista, pero acepta a democracia (inda que ás veces non participa).
É bohemio, artista, xeralmente agnóstico.
Pola súa natureza, encaixaría no PODER XUDICIAL, ten cualidades para ser un bo intermediario ou negociador.

Como dixen máis arriba, non existen tipos puros, polo tanto non existe o M, existe AM ou BM, se un M vai acompañado de A, a súa “liberdade de ser” convértese en “liberdade de facer”, na liberdade de mercado.
Se vai acompañado de B, perderá algo de liberdade, pero será máis social, máis solidario, buscará máis a igualdade, respectará máis ós seres vivos en xeral.