Oligarquía

A maioría da xente cre que hai moitos países que gozan dunha democracia avanzada, nada máis lonxe da realidade, hai algúns do norte de Europa e outros, coma Suiza, que se acercan bastante, pero ningún chega a ter unha verdadeira Democracia.
As chamadas democracias son fundamentalmente, en maior ou menor medida, oligarquías, ou sexa, os que mandan son un pequeno grupo de multimillonarios, donos de bancos, enerxía, armas, laboratorios, transportes, alimentación, medios de comunicación, etc.
A influenza destes multipoderosos non se queda na economía, as súas mans chegan a tódolos centros de poder, teñen aos partidos políticos debaixo dos pés, ¡e claro!, cando gobernan, estos partidos non traballan a favor da xente, polo menos, o pobo non é o primeiro, e se os intereses van en contra dalgún deses poucos que teñen moito, imos de cú.

0 respostas

Deixa un comentario

Quere entrar no debate?
Síntase libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *